
Foto: Instalación dun dos equipos
Lanzouse o proxecto Enerxía Solar Vital, que ten como obxectivo instalar sistemas fotovoltaicos en 76 fogares con nenos con respiradores nas provincias de Holguín e Granma, en Cuba, para garantir un subministro eléctrico continuo. O proxecto foi cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación, o Concello de Santiago de Compostela, a Asociación Luxemburgo-Cuba, Cubasolar e SODePAZ. O provedor de electricidade é Bornay.
O proxecto pretende proporcionar a familias con crianzas ou adolescentes dependentes de sistemas de respiración asistida dun sistema de respaldo enerxético nas súas vivendas para asegura a estabilidade da súa saúde, a calidade de vida e facilitar os traballos de coidados das familias nun contexto de grave crises enerxética caracterizada pola inestabilidade e a desconexión dela por tempos moi longos.
Para estas vivendas a solución será mediante o emprego da Enerxía Solar a través de Sistemas Fotovoltaicos que serán os encargados de subministrar a enerxía necesaria para manter durante as horas de cortes de luz a vitalidade de los equipos de respiración, aspiración y alumado así como darán enerxía a outros equipos como batedores
para a elaboración dos alimentos que son subministrados as infancias, adolescencias e xuventude mediante sondas e xiringas, de igual xeito estes sistemas solares apoiaran as labores das persoas coidadoras, maioritariamente exercido polas mulleres das familias.
Todas estas tarefas de coidado asociadas como son a execución do lavado de roupas, hixienizarían, …, Deste xeito, contribuirase a diminuír e reducir a sobrecarga e tempo que as mesmas dedican aos traballos domésticos non remunerados, deixando mais tempo para a súa atención persoal. Polo que se contribuirá a diminuír a carga física,
psicolóxica e emocional, estrés, trastornos do soño, … entre outros síntomas do Síndrome das persoas coidadoras.

Foto: Familia dun dos beneficiarios
© 2023 SODePAZ - Aviso legal. Canal ético