Auga potable e soberanía alimentaria para familias indíxenas Ch ́orti ́ , Jocotán, Guatemala

O proxecto, Acceso sostible a auga potable e soberanía alimentaria para familias indíxenas Ch ́orti ́ priorizadas da Rexión VIII do municipio de Jocotán (Corredor Seco guatemalteco)”
contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia en 2021, xestionado por SODePAZ e na parte executora guatemalteca a asociación MEJORHA, histórica organización aliada.
O proxecto executouse nun marco particularmente complexo, xa que Guatemala é un país que presenta unha serie de contradicións, entre elas a presenza dun gran conglomerado de poboación que vive en condicións de pobreza (59.3%) e pobreza extrema (23.4%), fronte ao cálculo dun PIB per cápita no ano 2019 que alcanzou 3.890 € euros, co que ocupa o posto 110 da táboa, así pois os seus cidadáns teñen, segundo este parámetro, un nivel de vida moi baixo en relación ao resto dos 196 países da clasificación de PIB per cápita.; dando como
resultado un GINI de 0.53.


Esa desigualdade tamén se reflicte no Índice de Desenvolvemento Humano 0.492 As variables que constitúen o IDH ven afectadas directamente por problemas como a desnutrición crónica,
a inseguridade alimentaria, o desemprego, os baixos salarios; as precarias condicións de saúde especialmente pola baixa cobertura de auga domiciliar e polas malas condicións do saneamento; así como pola débil participación cidadá, isto último expresado no número de Consellos Comunitarios que presentan propostas de desenvolvemento ás entidades estatais.
As brechas de desigualdade exprésanse en datos como os seguintes:
– O 1% das persoas máis ricas teñen os mesmos ingresos que a metade da poboación
do país.
– A mortalidade infantil é 3 veces maior entre o 20% da poboación máis pobres.
– As mulleres realizan 5 veces máis tarefas domésticas e de coidado que os homes.
– As nenas indíxenas poden medir ata 14 centímetros menos que a media da
súa idade, debido á desnutrición crónica.
– Tanto as mulleres como a poboación indíxena teñen 3 veces menos representación en deputacións
que o resto da poboación.
– Hai 10 veces máis axentes de seguridade privada que policías. Como consecuencia, as mulleres pobres viven en situación de vulnerabilidade.


O proxecto abordou o enfoque de dereitos, no marco do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ODS. Os 3  dereitos, conculcados a poboación indíxena Ch ́orti ́da Rexión VIII do municipio de Jocotán, aos que se fixo fronte para o seu exercicio, a cada un dos cales corresponde, dentro da lóxica de intervención un Resultado específico:
Resultado 1. Mellorado o acceso sostible e equitativo a auga potable de 53 familias priorizadas das comunidades Guayabillas Centro, Guayabillas Barrio Novo e Talquezalito.
Promovido o Dereito á auga potable a través de: A instalación do 48 sistemas de captación e almacenamento de auga de choiva que benefician a un total de 61 familias. A dotación a 48
familias dun filtro purificador de auga Ecofiltro, a formación das familias participantes para
o adecuado uso e mantemento de sistemas de auga así como dos Ecofiltros e a
xeración dun espazo de coordinación e proposta #de acordo con a Municipalidade
Jocotán e Centro de Atención Permanente de saúde de Jocotán para o vixilancia da auga nas
comunidades da Rexión VIII, onde se encuetran situadas as comunidades
Guayabillas Barrio Novo, Guayabillas Centro e Talquetzalito.
Resultado 2. Mellorado o acceso a unha dieta alimenticia suficiente e diversificada (hortalizas e
vexetais de alto valor nutritivo) de 53 familias priorizadas das comunidades Guayabillas
Centro. Promovido o Dereito á alimentación con: A instalación de 48 hortos familiares
orgánicos, a diversificación de 11 alimentos para o consumo con alto valor nutritivo a través da
produción para o auto consumo de herba moura, chipilín, moztaza, repolo, ravo, cebola,
coandro, berenxena, acelga, chile jalapeño e chile doce, e o fortalecemento dos
coñecementos de mulleres para o manexo de hortos orgánicos coa aplicación de técnicas
agroecológicas (abono e insecticidas naturais) e a boa administración da auga para rega
proveniente dos sistemas domiciliares de captación e almacenamento instalados.

Resultado 3. Fortalecida a capacidade do sistema de saúde a nivel municipal para enfrontar a
transmisión do virus do COVID-19. Promovido o Dereito á Saúde articulando as seguintes
accións: A emisión de mensaxes radiais, elaborados en coordinacón co Centro
de Atención Permanende de Saúde, en horarios de alta audiencia de Radio Chortí, promovendo a
vacinación e as medidas de prevención contra o COVID-19 por un período de 3 meses e a
dotación de insumos sanitarios para a prevención do COVID-19 (máscaras, batas de bioseguridade,
amonio cuaternario, alcol en xel, alcol liquido desinfectante) ao Centro de Atención Permanente en Saúde CAP de Jocotán e Consellos Comunitarios de Desenvolvemento –
COCODES-Guayabillas Barrio Novo, Guayabillas Centro e Talquetzalito así como ao Comite
de Seguimento da Rexión VIII para a prevención de contagios do persoal médico e poboación particpante do proxecto.